Unha ferida leve tras sufrir un accidente no lugar das Caselas
10 de outubro de 2023 (14:57 h.)
Esta mañá de martes 10 de outubro tivo lugar un accidente de tráfico no lugar de As Caselas, Santa Comba. Eran as 9:45h cando un coche envorcaba lateralmente. Policía Local de Santa Comba, 061, P.C Santa Comba, Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Santa Comba se trasladaban ao lugar.
Tiveron que evacuar á condutora do interior do vehículo, sen necesidade de excarcerar; posto que non estaba atrapada e non presentaba lesións de relevancia.
Foi trasladada o PAC de Santa Comba polo 061.