Os gaiteiros de Axio Mouro cambiaron gaitas por mangueiras para sufocar un incendio

Os Gaiteiros de Axio Mouro apagando un lume

Pasan a fin de semana na Feira xalleira recuperando a súa tradición. Pero este domingo tiveron que aparcar as gaitas e poñerse a facer de Bombeiros.

Os xóvenes componentes do Grupo de Gaiteiros Axio Mouro, que realizaron durante toda a mañá o pasarrúas do día do Carme de Bustelo, atopábanse no entorno da Capela no momento de iniciarse un incendio por causas descoñecidas. Con decisión e valentía, e coa colaboración de veciños que se encontraban préto da Capela, os xóvenes gaiteiros detiveron o lume para que non se extendese mentres avisaban ós efectivos de Protección Civil de Santa Comba, que acudiron en poucos minutos coa motobomba e conseguiron sofocar o incendio antes de que se propagase e causara danos importantes.

A súa rápida intervención e a colaboración dalgúns veciños presentes, detivo un incendio que acabou por ser sofocado con eficacia e celeridade por efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.

Novas relacionadas