Máis de 250 escolares visitarán as explotacións gandeiras na II Semana do Leite de Santa Comba

Os escolares visitarán as granxas de Santa Comba

A semana do Leite xalleira dará visibilidade ao magnífico traballo dos gandeiros e gandeiras da Terra do Xallas entre as xóvenes xeracións de escolares, que se achegarán a coñecer a labor que hai detrás da producción de leite e de diversos componentes lácteos, que nos atopamos na vida cotiá de diversas formas.

A explotación Pistulario da Pereira, co xove Ismael García ao fronte, e a SAT Samperez de Guisande con Pepe Calvo e Maite González á cabeza acollerán aos escolares de Santa Comba é zonas limítrofes, que viaxarán cunha explicación didáctica a través das diferentes idades da vaca, as labores diarias para cuidarlas, o proceso do muxido, e as peculiaridades da producción cada vez máis profesionalizada e especializada.

As visitas escolares son o aperitivo da Poxa de Xovencas frisonas e a Degustación de Tenreiro ao Espetó que terá lugar o sábado 9 no Recinto Feiral de Santa Comba.

Máis info

Novas relacionadas