Unha marea de preguntas demostra a necesidade de máis Xornadas de Economía Social como a de Santa Comba

Este pasado venres 15 de marzo, o auditorio do Edificio de Servizos Múltipes de Santa Comba acollía unha xornada de Economía Social organizada polo Concello. Máis de 100 asistentes, entre os que se atopaban os alumnos e alumnas dos tres obradoiros de emprego dos que forma parte o Concello, así como aos alumnos do curso AFD de Atención Sociosanitaria e ao público que se achegou, foron recibidos pola alcaldesa María Pose.

A conclusión máis directa que se pode sacar é que polo volumen de preguntas que os asistentes fixeron aos distintos ponentes da xornada, pódese decir que a xornada foi todo un éxito e que existe un interese importante por esta materia na comarca xalleira, unha oportunidade mais de futuro para abrirse paso no mundo laboral.

As ponencias

Comezou a rolda de intervencións Dani Dieguez, técnico da Rede Eusumo, que falou da economía social pero sobre todo da importancia das persoas como centro e motor necesario para que os proxectos funcionen.

A Subdirectora Xeral de Economía e Emprego, Alba Paz, detallou polo miúdo as axudas da Secretaría Xeral de Emprego orientadas a economía Social e, Fernando Rodríguez, coordinador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil trasladou aos asistentes os programas que Xuventude pon a disposición dos xoves destacando os Galeuropa e Iniciativa Xove.

Para rematar a xornada, responsables de tres iniciativas emprendedoras, Pastos do Enxilde, Recursos Galicia, e Remendos2014, acompañados pola técnico de formación Cristina Pereira e a directora do Obradoiro Conecta2018, Anabel Piñeiro, contaron polo miúdo a súa experiencia tanto no mundo da economía social como coas novas formas participativas de xestión das empresas.