Radio Xallas volve a antena Radio Xallas, a emisora municipal de Santa Comba volve ás ondas. Faino no 107.5 FM, despois de 3 anos e medio de silencio. O Concello aposta por este servizo para a cidadanía e para iso realizou unha serie de melloras técnicas. Volverá ser xestionada por Xosé Manuel Lema, que tamén será o responsable da programación. A emisora xa están en emisión en probas e pronto comezará a emitor con normalidade. Desde o concello de Santa Comba, a alcaldesa María Pose, lembra que recuperar as emisións de Radio Xallas era unha prioridade para o seu goberno.”Considero fundamental que os veciños de Santa Comba se beneficien dunha valiosa ferramenta como é a radio, que debe cumprir tamén unha importante función social no concello ademais de proxectar o nome de Santa Comba a nivel comarcal”.
3 pequenas emisoras na Costa da Morte
Con Radio Xallas son tres as emisoras libres ou municipais que están nas ondas. Por Corcubión está a radiONeria, radio municipal de Corcubión, ademais da Radio Roncudo, a radio libre de Corme. Dúas emisoras irmandadas que comparten programación.