Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Radio Xallas volve ás ondas

Radio Xallas volve ás ondas

Radio Xallas volve a antena Radio Xallas volve a antena Radio Xallas, a emisora municipal de Santa Comba volve ás ondas. Faino no 107.5 FM, despois de 3 anos e medio de silencio. O Concello aposta por este servizo para a cidadanía e para iso realizou unha serie de melloras técnicas. Volverá ser xestionada por Xosé Manuel Lema, que tamén será o responsable da programación. A emisora xa están en emisión en probas e pronto comezará a emitor con normalidade. Desde o concello de Santa Comba, a alcaldesa María Pose, lembra que recuperar as emisións de Radio Xallas era unha prioridade para o seu goberno.”Considero fundamental que os veciños de Santa Comba se beneficien dunha valiosa ferramenta como é a radio, que debe cumprir tamén unha importante función social no concello ademais de proxectar o nome de Santa Comba a nivel comarcal”.

3 pequenas emisoras na Costa da Morte

Con Radio Xallas son tres as emisoras libres ou municipais que están nas ondas. Por Corcubión está a radiONeria, radio municipal de Corcubión, ademais da Radio Roncudo, a radio libre de Corme. Dúas emisoras irmandadas que comparten programación.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/radio-roncudo-e-radioneria-recuperan-o-boletin-de-novas-diario-de-qpc/ https://quepasanacosta.gal/o-cole-de-dumbria-celebra-o-25n-dende-a-radio/ https://quepasanacosta.gal/manolin-volve-en-clave-de-poesia-as-ondas-da-radioneria/

Comentarios