Santa Comba convertirase nun Museo Urbano de Rochas

Visita ao Capela de San Bartolomeu

Está tendo continuidade a iniciativa veciñal de impulsar unha atención especial á diversidade xeolóxica de Santa Comba. Este pasado sábado 9, desenvolveuse un novo paso na difusión e promoción do seu patrimonio natural coa celebración do Geolodía 2026, unha actividade de divulgación científica que reuniu a máis de 60 persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia e Asturias.

A celebración desta cita organizada pola Sociedad Española de Geología, permitiu ás persoas participantes visitar lugares emblemáticos como a Fervenza de Castriz, a Braña da Serra, as Minas de Varilongo ou a Capela de San Bartolomeu, nun percorrido guiado polo xeólogo Fran Canosa para descubrir máis de 500 millóns de anos de historia xeolóxica do territorio.

Participantes no Xeolodía en Varilongo

Novo Museo

A gran novidade desta edición foi o anuncio da creación do primeiro Museo Urbano de Rochas, unha iniciativa pioneira impulsada pola veciñanza en colaboración co Concello de Santa Comba que converterá o municipio nun referente nacional da divulgación xeolóxica ao aire libre, integrando diferentes minerais e rochas singulares do territorio en espazos verdes e zonas urbanas do núcleo da vila.

O futuro museo a ceo aberto permitirá achegar a xeoloxía á cidadanía dun xeito accesible e didáctico, convertendo distintos puntos do municipio nun espazo aberto para descubrir e interpretar a historia xeolóxica da Terra de Xallas.