Santa Comba lembra as viñetas de Atomé cunha exposición
06 de outubro de 2020 (09:33 h.)
Temos repasado a súa vida e ata temos visto xa algunhas das súas viñetas do Real "Glub" Deportivo, máis actuais que nunca, por certo.
Este mes de outubro Santa Comba bota unha mirada atrás e lembra a vida e obra de Antonio Tomé Taboada, médico do rural que coas súas caricaturas, en galego, representou a sociedade xalleira en centos de viñetas en El Ideal Gallego.
A mostra estará aberta dende este mesmo martes 6 de outubro no Edificio Multiusos e na Casa do Pozo, gracias á Asociación Ser, que realiza esta exposición co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta.
Novas relacionadas
- O Real "Glub" Deportivo: As viñetas deportistas dos anos 70 de Atomé, máis de actualidade que nunca.
- Atomé, como un erro que marca unha prolífica vida.