Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Atomé, como un erro que marca unha prolífica vida

Atomé, como un erro que marca unha prolífica vida
 Atome debuxando

Tiramos da completísima hemeroteca do blog Santa Comba na Memoria para recordar a figura dun médico e caricaturista moi famoso por terras xalleiras.

Un home que ademais viu como o seu alcume foi sacado dun erro de imprenta, un clásico. I é que o apodo de Atomé procede dun erro do diario El Ideal Gallego, que escribía a abreviatura do seu nome xunto co seu apelido, o que o marcaría para sempre.

Antonio Tomé Taboada nacía na Casa da Lavana, no lugar de Santa Cataliña, o lado da Casa do Concello, o 16 de agosto de 1.914. Licenciado en Mediciña, sempre tivo gusto por debuxar, que logo levou ao profesional traballando para El Ideal Gallego a partiur do ano 50. As súas viñetas “As paroladas”, sempre en galego, eran coñecidas en todo o país. As súas obras aínda saían no xornal despois da súa morte e foron expostas en varias exposicións de Asturas e Galicia.

Por Santa Comba, Atomé aínda segue moi vivo. Son moitas as casas nas que aínda colgan nas paredes as súas viñetas e debuxos. Moitas veces son os propios veciños os protagonistas desas mesmas, un xeito ben bonito de lembrar aos avós, nunha caricatura de Atomé.

E seguirá sempre vivo. O 16 de decembro de 2000 a Asociación Cultural Comarca do Xallas presentou o libro “Atomé. O debuxante e humorista de Santa Comba”.

Ademais, o Concello está buscando a posibililidade de desenvolver un proxecto de recuperación e dixitalización da súa obra, pero cómpre revisar miles de documentos que corresponden a un período duns 20 anos. Só en hemeroteca de prensa é necesario revisar preto de 7.500 exemplares.

Os dous ultimos chistes de Atome

Novas relacionadas

Fonte

comentarios