Santa Comba ponse o traxe de verbena polo San Pedro e o San Xoán

  • Huelvis dará o pregón do San Pedro

Menudo fin de mes de xuño e comezo de xullo ten formulado Santa Comba. Despois da fermosa e intensa Muuuuita Festa, a vila xalleira non deixa o traxe de verbena e xa pensa na combinación máis trouleira do San Xoán e o San Pedro.

Xa sabemos a potencia do San Pedro xalleiro, e este ano trae El Combo e a Panorama para os venres 1 e sábado 2 de xullo. Aí é nada.

Pero as festas xa se remontan ao San Xoán. A noite do 23 de xuño haberá sardiñada e cachelas ao ritmo da disco móbil.

Huelvis, na imaxe durante unha Gala do Fútbol da Costa, será pregoeiro das Festas de San Pedro

A noite do martes 28 de xuño será moi especial. Axio Mouro abrirá a festa e o eterno “Huelvis”, traballado municipal, adestrador do fútbol costiero e incansable divulgador da cultura xalleira, fará de pregoeiro.
De contado, música con Claxxon e Los Satélites.

Non para xa a festa ata o 2 de xullo, cunha marea de actividades tantón de sesión vermú como de verbena tanto o mércores 29, como o xoves 30, como os días 1 e 2.

Festas en Vilamaior

Peron antes, este domingo 12, tocan as Festas de San Antonio en Vilamaior, cos Gaiteiros do Bazán e o Grupo Rosán.