Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un domingo de Muuuuuuita Festa para ratificar o idilio de Santa Comba co sector gandeiro

Xabier Diaz na Muuita Festa de Santa Comba
Xabier Diaz na ateigada carpa xalleira no fin de festa
Un domingo de Muuuuuuita Festa para ratificar o idilio de Santa Comba co sector gandeiro

Espectacular domingo o vivido en Santa Comba. A chamada Muuuuita Festa!, mesturou arte, xantar e música para demostrar o idilio inquebrantable que ten o concello xalleiro co sector gandeiro.

As actividades arrincaban pola mañá co tren turístico, ensinando aos primeiros visitantes os lugares emblemáticos da capital municipal con saídas cada dúas horas. E aínda non eran as dez da mañá e os compoñentes de Mutante Creativo xa estaban a traballar no enorme mural que vai adornar a partir de agora o lateral dunha fachada dun céntrico edificio co debuxo dunha vaca convertida en Deusa hindú.

Graffiti de Mutante Creativo en Santa Comba
Graffiti de Mutante Creativo en Santa Comba

Pronto chegaba o turno de Aurelio Vázquez, o chef local de Casa Aurelio, quen nunha montaxe espectacular con dúas grandes pantallas ensinou o secreto para tratar no lume da brasa ou da prancha distintos cortes de carne de tenreira.
A alma da festa estaba por chegar. O presentador do Luar, o incombustible Xosé Ramón Gayoso deu lectura a un manifesto a favor do mundo da vaca que foi respondido polos aplausos dos centos de asistentes que se congregaron baixo a carpa instalada no campo da feira de Santa Comba.

Gayoso en Santa Comba
Gayoso en Santa Comba

Os premios

ordedavaca copia

A continuación nomearonse os primeiros membros da Orde Xalleira da Vaca. O propio Gayoso recibiu o diploma e o agasallo que distinguirá a tan selecto clube: un zoco de pel de vaca elaborado por Elena Ferro, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2019 concedido polo Ministerio de Industria. E xunto con el incorporáronse ó clube os hostaleiros Aurelio Vázquez, Óscar de Toro e Manuel Costiña, a gandeira Lucinda Camafreita Pardiñas, o tratante José Víctor Capelo Currais, o carniceiro Manuel Capelo Freire O Rubio e a Cooperativa Xallas.

Gastronomía

Muuuita Festa de Santa Comba
Escenas do tempo de xantar

Ó tempo abriuse a carpa chamada GastroVacún onde desde as doce da mañá servíronse case 5.000 racións de empanada de tenreira con pementos e outras tantas de carne ó caldeiro.

Os asistentes, que estaban ó tanto de todo o que sucedía grazas a que Radio Xallas emitiu un programa en directo durante todo o día, puideron tamén desfrutar das habilidades en vivo de sete artesáns e do espectáculo que ofrecía o stand da Frisoa Parade no que traballaba Cestola na Cachola pintando unha vaca a tamaño natural que despois está previsto que se instale nunha das aldeas de Santa Comba.

E tamén probaron os batidos de chocolate e fresa aportados por xentileza de Feiraco, que aproveitou a súa presenza na festa para interactuar con xogos para os nenos.

Muiita Festa santa comba

Máis gastronomía e moita música

O programa festeiro non se detivo en todo o día. As actividades sucedéronse unha detrás de outra. E así chegou o turno da agrupación folclórica local Axio Mouro, que reúne xente de todas as idades procedentes na súa maioría de Santa Comba, e que souberon facer desfrutar a todos os asistentes coas súas habilidades coa música do seu grupo de gaitas e as pandereteiras máis os bailes tradicionais da nosa terra.

Parada de degustación co barista Óscar de Toro ofreceu unha clase maxistral para elaborar un café de pota perfecto, como ben comprobaron moitos dos presentes, que tiveron ocasión de probalo. O hostaleiro compostelán, vinculado á capital xalleira, ofreceu ademáis nocións no manexo da cafeteira italiana e a mezcla ideal con leite Unicla.

Retiro da Costina na Muiita Festa
Retiro da Costina na Muiita Festa

Pouco despois foi o chef Manuel Costiña, que está ó frente do Retiro da Costiña, restaurante con unha Estrella Michelín e 2 Soles na Guía Repsol, quen explicou paso a paso como elabora o seu novo postre chamado Terra que asombra ós paladares máis exquisitos que pasan polo seu local e que onte quixo dar unha sorpresa ós seus paisanos regalando entre os asistentes mil postres elaborados polo seu equipo desde as vésperas.

E como quen non quere a cousa chegou a hora da música de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, que cumpiron coas expectativas e nunha carpa ateigada de xente fixeron bailar a máis de un ou alomenos axudaron a que fose imposible non mover os pés ó ritmo da melodía. Foi todo un espectáculo con dez músicos en escena para un directo moi poderoso que puxo o punto final a unha festa que promete edicións futuras aínda mellores.

Comentarios