Santa Comba recoñece aos xalleiros que levaron o potencial galego a Lorient

Familia de xalleiros que estiveron en Lorient reconecidos polo Concello de Santa Comba

Algún xa nos contou a incrible experiencia de participar no festival de música celta máis importante do mundo. O Festival Internacional de Lorient- Francia tivo varios protagonistas da Costa da Morte, entre eles levando o baile e a música tradicional galega os xalleiros Ángel e Luis Mourelle, Uxío García, Santiago Oreiro, Samuel e Jorge Castelo e Verónica Calvo.
Mención especial tivo Samuel Castelo, que tivo a honra de ser o abandeirado da numerosa Delegación de Galicia da Edición 2019 do festival.

No acto de recoñecemento, onde se lle entregaron ós homenaxeados un Libro da Historia de Santa Comba e unha placa conmemorativa, abriu as locucións Pablo Seoane, mestre nas últimas 2 décadas da Escola de Baile e Música Tradicional de Santa Comba, que se lembrou deses inicios e do traballo destes e doutros moitos mozos e mozas que tratarán de consolidar un proxecto cultural estable, co apoio das institucións.

A Concelleira de Cultura Cristina Fajín fixo un emotivo recordo á labor do mestre Seoane, e o Alcalde David Barbeira, ademáis de valorar o traballo de Pablo Seoane, presentou aos xóvenes músicos como exemplos do orgullo xalleiro, do esforzo e adicación de xente coma eles.

Novas relacionadas