Sufocado un incendio nun punto de provisión de troncos do lugar de Guldrís
25 de maio de 2025 (11:34 h.)
O persoal do parque provincial de Santa Comba interveu, esta pasada tarde de venres, nun incendio orixinado nun punto de provisión de troncos de madeira do lugar de Guldrís, no concello de Santa Comba. Os bombeiros recibiron o aviso ás 19.19 horas e á súa chegada ao lugar, iniciaron os labores de extinción do lume, que afectaran a varios madeiros. A intervención rematou arredor das 21.02 horas.