14 espectáculos encherán o auditorio de Vimianzo de xaneiro a maio
Volve facer o Concello de Vimianzo gala da súa aposta pola programación continua para encher de vida o Auditorio da Casa da Cultura. Vén de presentar o progframa para os vindeiros 6 meses, con 14 espectáculos que permitirán seguir situando a vila soneirá como unha das capitais culturais da comarca.
Este primeiro semestre de 2026 terá música, danza, teatro e maxia, que protagonizarán as citas dun amplo abano de iniciativas financiado pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Programa
Abrirá o exercicio Antonio Barros e a banda de mulleres galegas de centro europa, IAlma co recital "Unha viaxe polas grandes voces da canción española”. Será o 18 de xaneiro e a venda de entradas, como de costume, será na Casa da cultura de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e unha hora antes de cada espectáculo.
Entradas adicionais
Para Maruxiña e Facendo o indio as entradas poderanse adquirir en woutick.es cun prezo de 3 euros. As de Inherente, a un prezo de 13,26 euros en entradium.com e para Blippi y sus amigos en entradas.vigoplam.com a un prezo de 13 euros.
Máis información en www.vimianzo.gal.