Alcalde e PSOE vimiancés amosan as súas importantes discrepancias
"Voulles tumbar aos do PSOE o Congreso de Pontevedra". Así se falaba o alcalde de Vimianzo e candidato de IxVimianzo, Alejandro Rodríguez, sobre o congreso que Pachi Vázquez vai presentar en Pontevedra. Tamén tiña palabras para o BNG do que afirmaba que "antes morto que facer un pacto con Antelo".
A primeira reacción chega dende o PSOE vimiancés, onde o secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez Blanco, acusa ao actual alcalde de crear unha lista independente para pactar co Partido Popular e manter o Goberno local “a calquera prezo”.
Así, a dirección provincial do PSdeG-PSOE rexeita as afirmacións realizadas polo alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema, nunha carta dirixida aos electores na que pretende “confundir aos veciños”, segundo o grupo. En dita carta, o rexedor asegura que a causa pola que creou a candidatura independente que encabeza é que o PSOE o obrigou a escoller entre “pactar co BNG ou servir aos veciños de Vimianzo”, extremo que Vázquez Blanco nega rotundamente: “O único motivo polo que Rodríguez Lema elaborou unha lista independente é porque ten intención de pactar co Partido Popular tras as eleccións e conservar a Alcaldía a calquera prezo”.
Novas relacionadas
- O PP abre camiño das eleccións.
- Admitida a trámite a denuncia do PP sobre a Casa da Cultura de Vimianzo.
- IxVimianzo preséntase con relativas sorpresas e chegando a cada parroquia.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE vimiancés.