Unha ambulancia sofre un accidente cun vehículo en Vimianzo
18 de xullo de 2025 (13:45 h.)
Rexistrouse este mediodía de venres un serio accidente en Vimianzo, a altura da Pensión Vázquez (km.67 da AC-552). Unha ambulancia colisionaba cun turismo, provocando a rotura do cárter do vehículo sanitario.
Dende o 112, deron aviso aos Bombeiros de Cee, que confirmaron que non había persoas atrapadas, Garda Civil, Urxencias sanitarias e Protección Civil de Vimianzo.
Foi necesario a limpeza por parte dos Bombeiros, polos restos da defensa e de aceite que se verteron na estrada.