Unha ambulancia sofre un accidente cun vehículo en Vimianzo

accidente ambulancia vimianzo
Unha ambulancia sofre un accidente cun vehículo en Vimianzo

Rexistrouse este mediodía de venres un serio accidente en Vimianzo, a altura da Pensión Vázquez (km.67 da AC-552). Unha ambulancia colisionaba cun turismo, provocando a rotura do cárter do vehículo sanitario. 

Dende o 112, deron aviso aos Bombeiros de Cee, que confirmaron que non había persoas atrapadas, Garda Civil, Urxencias sanitarias e  Protección Civil de Vimianzo. 

Non houbo feridos de gravidade, aínda que a condutora do vehículo tivo que ser trasladada ao hospital por unha dor no pescozo.

Foi necesario a limpeza por parte dos Bombeiros, polos restos da defensa e de aceite que se verteron na estrada.

Comentarios