O artista vimiancés Marcelino de la Sierra estrea mostra na casa

Ademais da estrea mundial de Saias do Mar,  Vimianzo terá outra cita cultural esta fin de semana. O vindeiro domingo 26 de abril ás 19:30 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións Antón Mouzo (Vimianzo) a mostra “DE TALLE”, do artista vimiancés Marcelino de la Sierra.

A exposición “De talle”, que estará dispoñible ata o 25 de maio, é unha exposición de madeira tallada, de escultura e, sobre todo, da vida de Marcelino.
“De talle” propón un percorrido polo universo creativo do autor, reunindo unha selección de obras nas que se percibe unha mirada persoal, atenta ao detalle e á expresión contemporánea da arte.
Esta iniciativa supón unha nova oportunidade para poñer en valor o talento artístico do municipio de Vimianzo e de toda a Costa da Morte, reforzando o compromiso coa difusión cultural e o apoio aos creadores locais.