Todo en marcha en Vimianzo para a segunda edición do foro Alza Voz de Muller
Presentouse onte en Vimianzo a segunda edición do foro Alza Voz de Muller, un evento necesario que afonda sobre o taleto e a a capacidade de liderazgo feminino. A alcaldesa de Vimianzo e tamén deputada provincial, Mónica Rodríguez, a deputada de Industria e Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e a concelleira María José Pose debullaron as intencións e o programa dun encontro que se celebrarará os días 8 e 9 de maio e reunirá a profesionais de distintos ámbitos para compartir experiencias e coñecemento arredor do liderado feminino, especialmente no ámbito rural.
A alcaldesa destacou o valor de acoller este tipo de encontros no municipio, “que contribúen a dinamizar o territorio, a xerar oportunidades e a visibilizar e poñer en primeiro plano o talento e a capacidade das mulleres da Costa da Morte”.
Pola súa banda, Rosa Ana García salientou que “é fundamental que as administracións apoiemos iniciativas que visibilicen o talento das mulleres no rural e que contribúan a crear oportunidades reais de desenvolvemento profesional e persoal”. A deputada subliñou tamén a importancia de “tecer redes de colaboración entre institucións e axentes do territorio para fortalecer o papel das mulleres e avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria”.
Un evento que medra e incorpora novidades
“Alza Voz de Muller” chega á súa segunda edición cun formato ampliado de día e medio de duración, no que se combinarán mesas redondas, relatorios e espazos de conexión entre participantes.
Como principal novidade, este ano incorporaranse tres talleres experienciales, nos que as asistentes poderán traballar de maneira práctica aspectos vinculados ao seu desenvolvemento profesional e ao emprendemento, converténdose en parte activa do evento.
O programa contará coa participación de mulleres referentes a nivel nacional, como Gemma Fillol ou Nuria Varela, xunto con talento galego como Eva López Barrio e Rosa Arcos e da Costa da Morte, nun diálogo interxeracional e territorial que busca xerar aprendizaxe, inspiración e rede.
Inscricións
As inscricións para participar no evento xa están abertas a través da páxina web oficial: www.alzavozdemuller.com.
Así foi o ano pasado
Artigos relacionados
- Patricia Vaquero: Se todo empodera, nada empodera
