A Aula CeMIT de Vimianzo prepara un obradoiro sobre mapas dixitais
11 de marzo de 2026 (07:35 h.)
Este vindeiro luns 16 de marzo, Aula Cemit de Vimianzo (Casa da Cultura) acolle a partir das 18:00h un Obradoiro sobre o uso de GoogleMaps.
Durante a hora da sesión, Lorena Cernadas descubrirarons as aplicacións e recursos dixitais útiles para planificar roteiros, reservar aloxamentos, compartir a túa localización, manterche comunicado e acceder a información importante durante a viaxe. Tamén aprenderás a usar o móbil como aliado ante imprevistos, localizar servizos próximos e gardar documentación de forma segura.
Podes inscribirte nesta ligazón.