A importancia do persoal exclusivo nas Aulas CeMIT para conseguir romper a fenda dixital
- Outro servizo que a Xunta deixa en mans dos Concellos
Falamos a semana pasada das Aulas CeMIT, e da posición de vangarda que ocupan a nivel autonómico as de Fisterra e Carballo. Con todo, cómpre matizar poque existen en Galicia dous tipos xestións moi diferentes, provocados por non unificar o persoal que está á fronte das aulas e deixar nas mans dos Concellos as decisións.
Sen ir máis lonxe, existen, teoricamente, varias Aulas CeMIT, pero só Fisterra e Santa Comba teñen persoal, municipal exclusivo, (se ben en Santa Comba o responsable fai outras tarefas) poidendo ofrecer un servizo adecuado ás necesidades dunha veciñanza gravemente afectada pola fenda dixital. Outras como Carballo externalizan as formacións, que concentran en determinados cursos. E outras apenas funcionan como Corcubión ou Camariñas.
Porque o verdadeiro valor da rede CeMIT son as aulas que dispoñen de persoal dedicado en exclusiva e esta tarefa, xa que a persoa que está contratada todo o ano non só atende ao público, senón que constrúe unha relación de confianza. Coñece ás persoas usuarias, as súas necesidades e o contexto, o que lle permite ofrecer unha atención máis próxima e de calidade. De aí que estas aulas cheguen a convertirse nun lugar de referencia ao que acudir cando existe algunha dificultade ou descoñecemento acerca da informática ou telefonía.
Pero por que non todas teñen ese persoal exclusivo? Aíradica para min o principal problema, unha vez que a Xunta deixa en mans dos concellos a atención das aulas a libre albedrío, e isto provoca que non en todos os centros haxa unha figura de “Persoa responsable de aula”, (ou Axente TIC, como se lles coñece), o que xenera que non haxa un perfil unificado de Dinamizadores de aula e respecto ó catálogo formativo de CeMIT.
A situación provoca que haia concellos que deixan a tarefa formativa en mans de empresas privadas durante uns meses para poder obter os mínimos requeridos e así percibir a subvención. Outros encárganlle a tarefa a persoal que leva outro departamento, crendo que este traballo é só abrir as portas, cando en realidade, é que vai moito máis alá, tendo que saber manexar a plataforma de xestión de usuarios, acceso aos equipos, prazos e datas de actividades oficiais, etc., ademais de establecer esa confianza para axudar a romper a fenda dixital individualmente acompañando ás persoas a través dun trato humano, próximo e de confianza, onde a xente non ten medo de facer preguntas ou amosar o seu descoñecemento. Ese vínculo, que nace do día a día, é algo moi arraigado ás aulas CeMIT e moi difícil de conseguir cando a presenza é só puntual.