Baíñas e Cee puxeron o broche ao Entroido costeiro

Divertido Entroido de Baíñas

Este sábado de Entroido tivo doble cita polo sur da comarca cos Entroidos de Baíñas e de Cee. 

Enjominados de See tamén gañaron o Entroido de Cee Foto: Rafa Quintáns.

Pola vila da Xunqueira, volveron arrasar os Enjominados, nunha auténtica festa que ateigaba o pavillón.

Por Baíñas

Baíñas puxo na tarde-noite sabatina o broche de ouro ao Entroido de Vimianzo con 2870 euros en premios, con arredor de 30 concursantes tanto nos ámbitos individuais como colectivos nun aberto e prometedor desfile. Quenllas, gardas forestais, dinosaurios, kioskos, bombeiros, astronautas ou indios foron algunhas das propostas das e dos participantes desta tarde, onde houbo animación, música e gastronomía.
Cocido con grelos, pan, viño e filloas e a actuación de DJ Xavineta capitalizaron a troula onde comparsas, grupos, parellas e pequenos e maiores na categoría individual se repartiron case 3000 euros en premios.