Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Enjominados de See arrasaron nos Concursos de Vimianzo, Muxía, Dumbría, Camariñas e A Laracha

Comparsa Enjominados de See con Unha de indios na Laracha
A Comparsa "Enjominados de See" desfilando con "Unha de indios" na Laracha
Os Enjominados de See arrasaron nos Concursos de Vimianzo, Muxía, Dumbría, Camariñas e A Laracha

Menudo Entroido completo para os Enjominados de Cee. A comparsa ceense, coa súa obra “Unha de indios”, vén de pegar un salto de calidade, e nunha auténtica maratón de desfiles e certames, conseguíu o primeiro premio durante a fin de semana en Vimianzo, Muxía, e Dumbría, e neste martes de Entroido en Camariñas e a Laracha.

Enjominados de See no ENtroido de Camarinas
Enjominados de See no Entroido de Camarinas

A xornada arrincaba pola mañá en Camariñas, onde a comparsa ceense levaba a súa caravana india polas rúas da vila do Encaixe para facerse cos 800 euros de premio dun certame moi vivo.
Por detrás quedaron os da comparsa “Morriña” dO Cansorriño (Camariñas) e “Os da Charca” de Fisterra.

A comparsa Morriña no Entroido de Camarinas
A comparsa Morriña no Entroido de Camariñas
Comparsa Os da charca no Entroido de Camarinas
Comparsa Os da charca no Entroido de Camariñas

E pola tarde, os ceenses escollían A Laracha para a gran data entroideira levando os 600 euros do primeiro premio por diante de “As plásticas de Vilaño” e “As chismosas do barri”o, ademais de “A gran fregada”, que leva accesit.

As plásticas de Vilaño no Entroido de Laracha
As plásticas de Vilaño no Entroido de Laracha

Comentarios