Chega o cómic de Alexandre Bóveda á Costa da Morte
Chega a Banda eseñada "Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza" á Costa. E o fará dende Vimianzo, nun acto artellado polo goberno no que participará o alcalde Manuel Antelo e o portavoz nacional do BNG Xavier Vence. Tamén participarán Carlos Sardiña e Pitusa Arias, autores do libro de banda deseñada.
O acto desenvolveráse o luns 19 de agosto, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo.
A Banda deseñada de Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936
"Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza" é un relato situado no momento presente, arredor da vida e do pensamento do dirixente do Partido Galeguista. Carlos Sardiña realizou os debuxos. Pitusa Arias, historiadora e xornalista, salientou a vixencia das teorías de Bóveda que defendía unha banca pública como axente de dinamización da actividade económica. Tamén insistia na necesidade dunha fiscalidade progresiva, para utilizar os impostos como fórmula de redistribución da riqueza.
“A idea xurdiu o pasado 17 de agosto no acto en lembranza de Bóveda celebrado na Caeira en Poio, coa intención de facer unha chiscadela a un público novo e divulgar o seu pensamento” afirma Pitusa Arias. Botan unha ollada atrás, para dar conta da importancia de Bóveda como fundador da Caixa de Aforros de Pontevedra, como entidade bancaria implicada co seu entorno social.
Francisco Carballo e Xerardo Álvarez Gallego elaboraron biografías de Alexandre Bóveda e eses traballos utilizaronse como fonte para sintetizar e traer a súa traxectoria vital ao linguaxe da banda deseñada. Carlos Sardiña e Pitusa Arias xa colaboraron na elaboración da biografía de Andrés Barallobre chamada “Galiza acorda”. Agora levaron adiante unha publicación en formato europeo, unha banda deseñada a toda cór. Sonradiofusión colaborou na promoción e na edición de “Bóveda” que contou coa colaboración cidadán a través do sistema de "crowdfunding".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).