Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Torre dos Mouros xa ten o seu cómic

A Torre dos Mouros xa ten o seu cómic
Comic ou Banda Desenada da Torre dos Mouros feita por Manuel Craneo

Falabamos a final do verán como o proxecto Torre dos Mouros cambiaba a forma de facer arqueoloxía en todo o país. Unha arqueoloxía feita da man do pobo, e facendo do voluntariado un arte, ante a perigosa situación desta ciencia en Galicia. Se ben o proxecto está en pausa, hai que non para, e un deles é o artista gráfico Manel Cráneo, que xa ten editada, da man de Demo Editorial, a súa banda deseñada, para explicar cunha inguaxe visual e un guión para todos os públicos as hipóteses sobre a funcionalidade e cronoloxía da Torre dos Mouros á luz da primeira campaña de intervención no xacemento recinto amurallado do Monte do Castro en Lira.

A presentación oficial do cómic será este vindeiro venres 30 de novembro, a partir das 19:00h horas no Salón de Actos do Concello de Carnota. Será o propio Manel Cráneo o que o presente, e ademais, o acto tamén servirá ao equipo para presentar as conclusións da Campaña 2012 de voluntariado neste espazo tan singular.

As presentacións faranse tamén en Santiago (na Biblioteca Ánxel Casal o xoves 13 de decembro ás 20:00h) e mais en A Coruña (no Pub Dublín ás 20:00h seguindo co formato Barferencias), pero a primeira e inigualable será o propio venres 30 de novembro no IES Lamas do Castelo, facendo de novo protagonistas aos máis pequenos.

Un exemplar asinado a todos os voluntarios

A publicación será distribuída nos colexios e institutos de Carnota e tamén en librarías de toda Galicia. É a primeira vez que se realiza unha banda deseñada como explicación dos resultados dunha primeira campaña arqueolóxica en Galicia.

Como detalle, todos os voluntarios do proxecto Torre dos Mouros na súa campaña 2012, que fixeron traballos de campo na Torre dos Mouros, recibirán de balde un exemplar personalizado e especialmente dedicado por Manel Cráneo da bd da Torre dos Mouros.
Hai que cubrir este formulario antes do xoves 30 de novembro:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios