Os Concellos da Costa infórmanse sobre os Fondos Next Generation

Afiprodel Galicia coa colaboración da Oficina Next Generation da Deputación da Coruña, organizou este luns 14 de novembro unhas xornadas informativas e de intercambio entre os profesionais de desenvolvemento local da Costa da Morte e os técnicos da oficina Next Generation.

Unhas sesións para achegar aos concellos da Costa da Morte información sobre os fondos e as convocatorias de axudas e tamén potenciar a cooperación e colaboración intermunicipal para aproveitar estes fondos con proxectos para os seus territorios.

Foron os propios profesionais da oficina Next Generation da Capela, os que se achegaron á bisbarra para informar sobre os seus servizos de información, formación e asesoramento relacionados co acceso e presentación ás convocatorias de subvencións destes fondos.

Afiprodel achegou a esta oficina o documento elaborado polos técnicos e técnicas dos concellos no ano 2020 para Plan de Reactivación da Costa da Morte e que se presento á Deputación da Coruña, co desexo de que poda ser de utilidade na confección do futuro plan estratéxicos da provincia da Coruña.

Novas relacionadas