Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os ADL propoñen aos alcaldes/as da comarca 60 medidas concretas para a Reactivación

Entre as propostas destacan:
- A creación dunha plataforma de venda online e a domicilio para as empresas locais;
- A creación dunha Lonxa agropecuaria comarcal;
- A creación dunha rede de mercados e mercadillos Costa da Morte.
Presentacion do Plan Activación da Costa da Morte
Presentacion do Plan Activación da Costa da Morte
Os ADL propoñen aos alcaldes/as da comarca 60 medidas concretas para a Reactivación

Despois de máis dun mes de traballo, os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) presentaron este luns aos alcaldes/as da comarca unha batería de accións incluídas no Plan de Reactivación Económica da Costa da Morte”.

Un Plan desenvolto "dende" e "para" os pequenos concellos da Costa da Morte, nun marco aberto tanto na definición territorial como na incorporación de axentes colaboradores, e tendo en conta as competencias municipais e os recursos dispoñibles.

Os profesionais lembraron que "estamos ante unha situación sen precedentes", polo que toca tomar medidas únicas. Un Plan formulado para "recuperar o pequeno comercio e os sectores de proximidade, as pemes, os autónomos, etc". E as políticas activas de emprego e de rescate ás persoas son tarefas nas que os concellos poden e queren actuar inmediatamente.

A reunión tivo lugar en Vimianzo, e foron a ADL de Camariñas, María Jiménez; e a ADL vimiancesa, Rosa Sánchez, os encargados de expoñerlle aos 14 rexedores dos concellos implicados os detalles do plan. 60 propostas xerais (enmarcadas en 6 eixos estratéxicos específicos: talento, gobernanza, reactivación económica, consumo) das que despois cada concello decidirá cal pon en marcha.

Medidas que pretenden “minimizar os efectos negativos da pandemia, acurtar o prazo de recuperación, consolidar a sustentabilidade social, económica e medioambiental do territorio, reforzar a identidade territorial e colaborar cos diferentes grupos de interese da comarca”.

6 Liñas principais

As liñas máis destacadas por alcaldes e profesionais son:

  • Creación dunha plataforma de venda online e a domicilio para as empresas locais.
  • Axudas directas ao tecido empresarial local afectado pola COVID-19.
  • Posta en valor do monte de propiedade municipal.
  • Mesa de concertación: mellora dos procedementos administrativos locais para empresas.
  • Rede de mercados e mercadillos Costa da Morte.
  • Lonxa agropecuaria da Costa da Morte.
Plan Activación Comarca Costa da Morte

Nesta reunión participaron de forma presencial, ademais da ADL Rosa Sánchez, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido; o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua. Debido á limitación de aforo establecida para a Fase 1 da desescalada o resto de rexedores (Carnota, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría, Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas) sumáronse a través de videoconferencia.

Novas relacionadas

Comentarios