O Consello da Cultura Galega recoñece a figura do vimiancés Perfecto López no Álbum de Galicia
16 de xuño de 2021 (23:13 h.)
O Consello da Cultura Galega vén de incluír no seu “Álbum de Galicia” unha ficha coa vida de Perfecto López.
O egrexio vimiancés, coñecido como Tato da Valiña, foi unha das grandes voces do nacionalismo galego do século XX na diáspora, como xa nos contaron no seu día > Chema Rey co seu libro, e Manuel Suárez e Xosé María Lema Suárez cos seus artigos.
Precisamente Rey e Lema Suárez son os autores da completísima engadida na web do Consello, onde tamén aparecía hai pouco o laxés Antón Zapata
Artigos relacionados
- Manuel Suárez: Perfecto López, egrexio viamiancés en Bos Aires.
- Chema Rei levounos de viaxe entre a Galiza ideal de Castelao e a Galicia franquista.
- Lema Suárez: Perfecto López, empresario e mecenas galeguista na emigración americana.