O Consello da Cultura Galega recoñece a figura do vimiancés Perfecto López no Álbum de Galicia

23:13 16/06/21
O Consello da Cultura Galega vén de incluír no seu “Álbum de Galicia” unha ficha coa vida de Perfecto López.
O egrexio vimiancés, coñecido como Tato da Valiña, foi unha das grandes voces do nacionalismo galego do século XX na diáspora, como xa nos contaron no seu día > Chema Rey co seu libro, e Manuel Suárez e Xosé María Lema Suárez cos seus artigos.
Precisamente Rey e Lema Suárez son os autores da completísima engadida na web do Consello, onde tamén aparecía hai pouco o laxés Antón Zapata