Ao longo deste mes terán lugar na Aula Cemit de Vimianzo varios cursos prácticos sobre as diferentes Redes Sociais.
Os destinatarios son adultos que tanto a nivel persoal como dende o punto de vista empresarial queiran aprender de xeito práctico a manexar Twitter, Facebook e Pinterest. Aprenderán a empregar estas redes sociais tanto como marca persoal como para poder ofertar os productos ou servizos que ofreza na súa empresa.
Javi Mos, experto en Redes Sociais, é o encargado de impartir esta formación que é gratuíta.
Os interesados poden chamar ó concello de Vimianzo para inscribirse (981 716 001 - Ext 226)