![cemit Os cursos impartiranse na aua CeMIT, situada na casa da cultura de Vimianzo]()
Ao longo deste mes terán lugar na
Aula Cemit de Vimianzo varios cursos prácticos sobre as diferentes Redes Sociais.
Os destinatarios son adultos que tanto a nivel persoal como dende o punto de vista empresarial queiran aprender de xeito práctico a manexar
Twitter,
Facebook e
Pinterest. Aprenderán a empregar estas redes sociais tanto como
marca persoal como para poder ofertar os productos ou servizos que ofreza na súa empresa.
Javi Mos, experto en Redes Sociais, é o encargado de impartir esta formación que é
gratuíta.
Os interesados poden chamar ó concello de Vimianzo para inscribirse (
981 716 001 - Ext 226)
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).