A Cruz Vermella Terra de Soneira presentará a súa memoria na Cea Solidaria
Ademais, durante o acto, a Organización recoñecerá o labor de voluntarios, socios e entidades que desenvolveron iniciativas solidarias ao longo do ano. A presentación terá lugar no restaurante Pastoriza ás 21:00 horas, con entrada libre.
Unha cita que serve para compartir cos socios, empresas, voluntarios e poboación xeral, a actividade da entidade como exercicio de responsabilidade e transparencia
Trala finalización do acto, a Asemblea celebrará unha cea baile solidaria no mesmo establecemento co obxectivo de recaudar fondos para seguir realizando as súas actividades de asistencia social a través dos programas que desenvolve na zona. Nesta ocasión, o prezo da cea é de 25 euros e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo, nos restaurantes Pastoriza e Vía Rápida, así como en loterías Irene. O prazo finaliza o próximo 8 de maio.
Novas relacionadas
- Aprendendo a usar o “aparello do demo” dende a terceira idade.
- A Cruz Vermella comezou o curso oficial de Monitor de Tempo Libre.