Domingo. 21.07.2019
El tiempo

A Cruz Vermella comezou o curso oficial de Monitor de Tempo Libre

A Cruz Vermella comezou o curso oficial de Monitor de Tempo Libre
A Cruz Vermella comezou o curso oficial de Monitor de Tempo Libre

O pasado venres día 22 de marzo deu comezo o curso oficial de Monitor de Tempo Libre impartido pola Cruz Vermella Terra de Soneira, que se levará a cabo durante 10 fins de semana, ata o vindeiro domingo 2 de xullo.

A formación consta de dúas partes, unha teórica de 200 horas e a parte práctica de 150 horas. Na parte teórica o alumnado aprenderá como planear actividades recreativas para a mocidade e a infancia, dinámica de grupos, animación sociocultural, habilidades sociais, técnicas de primeiros auxilios, educación para a saúde, psicoloxía evolutiva, globoflexia, educación ambiental, entre outros. As prácticas realizaranse en colaboración con empresas de ocio e os concellos da zona que se amosaron moi dispostos a participar en todo momento.

O curso habilita legalmente para realizar actividades de tempo libre con infancia e xuventude como campamentos, colonias, campos de traballo, actividades de asociacións e grupos xuvenís, centros de ocio, etc.

A posibilidade de impartilo en Vimianzo favoreceu que persoas da Costa da Morte puideran realizalo evitando ter que desprazarse a cidades como Coruña ou Santiago para poder recibir este tipo de formación.

Comentarios