Curso de Ferramentas web para empresas en Vimianzo
O concello de Vimianzo vén de facer pública a oferta dun Curso ofi-tic de ferramentas web 2.0 para empresas. Un curso que segundo contan dende o consistorio soneirán, está a altura das esixencias actuais do mercado laboral. A xornada inaugural terá lugar o vindeiro mércores o día 29 de decembro no Telecentro de Vimianzo, ás 17.00horas.
Nesta sesión darase a coñecer a tódolos asistentes os diferentes módulos que se van impartir xeito independente, comenzándose as clases a partir do mes de xaneiro.
O curso consta de 80 horas na súa totalidade, sendo posible asistir a todos ou a partes deles. O programa do curso serán:
- Módulo 1. Redes sociais e reputación online (16 h)
- Módulo 2. Ferramentas para a web 2.0 (16 h)
- Módulo 3. Compartir información na rede (12 h)
- Módulo 4. Xeolocalización (8 h)
- Módulo 5. Posicionamento online (28 h)
Inscrición
Para inscribirse na actividade ou solicitar máis información, contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación, no teléfono do concello 981 716 001 ou a través do correoelectrónico pievimianzo@gmail.com
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.