xoves. 22.05.2025
El tiempo

Curso de Ferramentas web para empresas en Vimianzo

Curso de Ferramentas web para empresas en Vimianzo

O concello de Vimianzo vén de facer pública a oferta dun Curso ofi-tic de ferramentas web 2.0 para empresas. Un curso que segundo contan dende o consistorio soneirán, está a altura das esixencias actuais do mercado laboral. A xornada inaugural terá lugar o vindeiro mércores o día 29 de decembro no Telecentro de Vimianzo, ás 17.00horas.

Nesta sesión darase a coñecer a tódolos asistentes os diferentes módulos que se van impartir xeito independente, comenzándose as clases a partir do mes de xaneiro.

O curso consta de 80 horas na súa totalidade, sendo posible asistir a todos ou a partes deles. O programa do curso serán:

  • Módulo 1. Redes sociais e reputación online (16 h)
  • Módulo 2. Ferramentas para a web 2.0 (16 h)
  • Módulo 3. Compartir información na rede (12 h)
  • Módulo 4. Xeolocalización (8 h)
  • Módulo 5. Posicionamento online (28 h)

Inscrición

Para inscribirse na actividade ou solicitar máis información, contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación, no teléfono do concello 981 716 001 ou a través do correoelectrónico pievimianzo@gmail.com

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios