En marcha o Outono Gastronomico 2014 en Vimianzo
Un ano máis a hostalaría do Concello de Vimianzo organiza o Outono gastronómico que se desenvolverá entre o 1 e o 30 de novembro. As distintas propostas abranguen a restaurantes, cafetarías e pastelarías do termo municipal vimiancés.
Un evento que nos permite gozar con gastronomía de tempada, e manifesta a boa saúde e a importancia dos establecementos de hostalaría para o concello e permite ao público coñecer propostas que saen dos menús gastronómicos clásicos. Precisamente son os establecimentos os verdadeiros protagonistas:
Participan os restaurantes Edreira, Vázquez, Casa Sabina, Pastoriza, O Castillo e Casa Paco.
As cafetarías participantes, Mehari, Quilmes, Happy Day, Casa Landeira, Regueiro, Bibendum, Celme, A Rúa e Hilton, organizarán actividades de lecer. E as pastelarías, Sampedro, Pan Ignacio, Antoxos e ChusCake, realizarán propostas especiais, centrándose na posta en valor da Bica de Vimianzo, elaborada con améndoa e chocolate e coa imaxe do castelo na parte superior.
Os restaurantes propoñen uns menús a o prezo de 20€ que inclúen primeiro prato, segundo prato e sobremesa. Ademais entre todos os participantes sortearase un xantar en cada restaurante.
Máis información
Novas relacionadas
- 2013: Completo mes de setembro para os hostaleiros no proxecto Do mar a terra.
- 2013: A Arqueogastronomía segue chegando aos hostaleiros de Vimianzo.
- 2013: Os hostaleiros volven apostar polo Vimianzo Gastronómico.
- Nov. 2012: Vimianzo abre o seu Outono Gastronómico con menús, sobremesas da casa e moita festa.
- Xornadas 2011: Preto de 400 menús se degustaron na xornada Vimianzo gastronómico durante o mes de novembro.