Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os hostaleiros volven apostar polo Vimianzo Gastronómico

Os hostaleiros volven apostar polo Vimianzo Gastronómico
Presentacion do Vimianzo Gastronomico entre Concello e hostaleiros Vimianzo Gastronomico Primavera 2013

Cando as cousas saen ben, hai que repetilas. Baixo esta premisa, o Concello de Vimianzo vén de presentar a nova campaña Vimianzo Gastronómico, un xeito de dinamizar o sector hostaleiro facendo que sexa precisamente o sector hostaleiro o protagonista. Ademais do bo produto, por suposto.

Un ano máis os establecimentos da vila soneirá súmanse ao carro que seue convertindo a Vimianz nun verdadeiro cruce de camiños entre o padal e o mar, como propón o proxecto “Do mar a terra”.

Son 8 restaurantes, outros tantos bares de copas, e máis 3 panaderías as que se suman a este formato. A través de reserva, podes dende o 17 de maio e ata o 15 de xuño, pedir un dos Menús do Vimianzo Gastronómico por só 20€. Menús de primeira calidade, con produtos locais e sobremesas feitas na casa.

Non máis que escoitar algúns dos seus pratos: "Milfollas de solombo de porco con mazá e salsa Pedro Ximénez" do Sabina, ou o "Bacallau á prancha con cebola confeitada" do Castillo. E así podemos seguir polo Vázquez, Casa Paco, Edreira, Pastoria, O Cabral e O Retiro de Barboles.

Iso en canto a menús, porque despois podedes disfrutar das ofertas de lecer da Pizzería Hilton, o Bar Rúa, o Celme Café, o Mehai, o Quilmes, o Bar Regueiro, Casa Landeira ou o Djalma.

Vimianzo Gastronomico Primavera 2013

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios