entrega-diplomas-vimianzo
O alumnado do curso de atención sociosanitaria - organizado no marco do programa de emprego Vir-Fluvius dos concellos de Vimianzo e Camariñas - recibiron onte os seus diplomas. O encargado da entrega foi o alcalde vimiancés, Manuel Antelo.
A empresa Colaxe impartiu este curso entre os meses de abril e xullo e que tivo unha extensión total de 300 horas entre a súa parte teórica e a súa parte práctica. Para esta última, de 100 horas de duración, colaboraron os concellos de Zas, Camariñas e Vimianzo e os seus respectivos servizos de axuda no fogar, acollendo a alumnas/os do curso para que puideran ter unha visión práctica da atención a persoas dependentes en domicilios, obtendo uns resultados moi satisfactorios.
Neste momentos, realízanse outras accións enmarcadas dentro do programa de emprego, que seguirán ata o remate do programa, o 31 de agosto. O obxectivo é a mellora da empregabilidade dos 60 participantes do Pie Vir Fluvius 2016, co fin de integrar no mundo laboral ao maior número posible destas persoas. Polo de agora, 21 delas traballaron nalgún momento ao longo do programa.
Novas relacionadas