Os Microrrelatos contra a violencia de xénero teñen nome de muller

Como non podía ser doutro xeito, as 3 gañadoras do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero do Concello de Vimianzo foron mulleres. O Concello fixo a entrega dos premios este xoves, nun acto ao que acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a edila de Benestar Social, María José Pose, ademais das persoas que integraban o xurado:

O primeiro premio, unha estancia dunha noite para dúas persoas, foi para Estefanía Martínez, con 'Vidas perdidas’.

 

O segundo premio, unha cea ou xantar para dúas persoas, conseguiuno Carmen Toba, con 'Reminiscencias’.

 

O terceiro premio, unha bolsa de produtos, entregóuselle a Lorena Cernadas, con 'Amencer’.

 

Aquí podedes ler os tres Microrrelatos gañadores.