Mércores. 14.04.2021
El tiempo

25N: Os Microrrelatos loitan contra a violencia de xénero

25N-Vimianzo minuto de silencio alumnado do obradoiro
25N: Os Microrrelatos loitan contra a violencia de xénero

Ademais do minuto de silencio que gardaron o goberno local e o corpo de traballadoras e traballadores municipais a carón dos bancos pintados para a ocasión no paseo fluvial, na rúa Solín, Vimianco celebraba este 25N cun Concurso de Microrrelatos.

O xurado escolleu o Estefanía Martínez, coa obra Vidas perdidas, convértese na primeira gañadora do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero promovido polo Concello de Vimianzo.

Carmen Trillo, con Reminiscencias, acadou o segundo premio e Lorena Cernadas, con Amencer, fíxose co terceiro posto.

Os microrrelatos de María Dolores Araujo, de María Lestón Oliveira, de Samuel Blanco e o de Alba Sánchez tamén foron seleccionadas para a súa publicación.

Concurso Microrrelatos 25N Vimianzo 1

 Concurso Microrrelatos 25N Vimianzo  2Concurso Microrrelatos 25N Vimianzo  3

Todas as novas sobre o 25N

comentarios