O Asalto quece motores con artesanía, música e deporte

Segue en marcha o quecemento para a gran festa histórica de Vimianzo do vindeiro 4 de xullo de 2015. O Asalto ao Castelo cumpre 20 anos e son varias as novidades que nos deixa o novo equipo dinamizador. Repasamos así como será 5 anos da Feira Artesanal, como vai o avance do CD Irmandiño Son, ou as novidades na Lengua Irmandiña.

5 anos de Feira Artesanal

O Asalto ao Castelo de Vimianzo celebra un lustro de feiras artesanais na praza do Concello, que serve para dinamizar a xornada e manter viva a festa durante todo o día mentres se suceden as diferentes actividades.

Hai varias novidades este ano, a principal é que a V Feira Artesanal vaise abrir tamén a produtos gastronómicos de produción ecolóxica. Isto cunha condición, que os a alimentos non sexan para consumo durante a feira, xa que como saben no mercado artesanal non hai postos nin de comida nin bebida. Outro elemento imprescindible a ter en conta é que se debe ambientar o posto (que non pode superar os 3 metros de ancho) ao estilo do medievo e tamén ir vestidos de época.

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o mércores 1 de xullo. Pode atoparse o formulario para a reserva do espazo e as condicións completas na páxina web da festa ou de maneira presencial no Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo (Casa da Cultura de Vimianzo). Para máis información sobre esta actividade diríxanse a info@asaltoaocastelo.org ou ao número 665957289.

CD Irmandiño Son

Xa case está listo o novo CD Irmandiño da man de 12 artistas vimianceses. Cada grupo local creou unha canción inspirada nunha historia irmandiña, todo elo dende o seu propio estilo, e o proceso de creación xa se atopa na fase de edición e masterización, logo de que a gravación dos integrantes no estudo rematara hai unhas semanas.

I Legua Irmandiña

Como xa foi anunciado, unha das novidades desta XX edición é a creación dun evento deportivo ligado á festa. O venres 26 de xuño, a partir das 21h celebrarase a I Legua Irmandiña, carreira popular nocturna cunha distancia aproximada de 5’5km. O percorrido xa está fixado, trátase dun circuito urbano que pasa polo novo paseo fluvial da vila e cun final espectacular no castelo. Ao rematar, haberá uunha serie de concertos dos grupos e artistas vimianceses do CD Irmandiño Son.

Novas relacionadas

Fonte