Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo
A sétima edición dos Pinchos Irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo, celebrada do martes 1 ao sábado 5 de xullo, deixou bo sabor de boca. E non só para os comensais, senón tamén para a organización, xa que aínda ampliando un día máis a duración deste certame gastronómico o éxito de público foi rotundo. Como cada ano, os Pinchos teñen premio e recoñecementos especiais.
Tras o sorteo realizado onte, 23 de xullo, ás 20:00h na Casa de Cultura, coa presenza de boa parte dos bares que participaron nos pinchos, restaurante Vázquez, co seu pincho Rollos da Marquesa resultou gañador da VII Edición dos Pinchos Irmandiños.
A mellor decoración foi para o restaurante Montevideo. Ambos gañaron por ampla maioría.
Pola súa banda, Yolanda Gerpe Cures foi quen de completar toda unha ruta de pinchos que foi selando nos dezasete establecementos que participaron. E o seu cartón foi o escollido no sorteo dun lote de produtos de cervexa Mahou tan grande como o peso da gañadora.
Agora toca esperar pola oitava edición dos pinchos irmandiños.

Comentarios