O gran día da Presentación do #ÁlbumdaCosta

Hai expectación na bisbarra. Sabémolo porque moitos dos puntos de venta xa nos levan contando que hai moita xente que leva semanas preguntando polo famoso #ÁlbumdaCosta. Pois chegou o gran día. Hoxe, venres 21 de decembro, poderedes ser os primeiros en facervos cos cromos do Álbum da Costa, se vides á Gala de Presentación que terá lugar ás 20:30h na Casa da Cultura de Vimianzo.

Unha cita na que terán protagonismo as chicas do noso fútbol e os árbitros, as grandes novidades, xunto cos equipos da 3ª Galicia, desta enciclopédica publicación. Pero sen dúbida, o prato forte da noite será a presencia de Augusto César Lendoiro, que falará longo e tendido ca xornalista zaseira Mónica Martínez.

A partir destes días xa podederes achegarvos aos máis de 20 puntos de venta, que anunciaremos o vindeiro luns, para completar o álbum máis fermoso do fútbol galego.

Todas as Novas do Álbum da Costa

https://quepasanacosta.gal/os-equipos-da-3a-galicia-por-primeira-vez-no-album-da-costa/ “Lendoiro: “Os de Panini deberían copiar o Álbum da Costa e lembrarse dos indispensables árbitros”” — Que pasa na costa “Xa está aquí a Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa” — Que pasa na costa