O gran día da Presentación do #ÁlbumdaCosta


Hai expectación na bisbarra. Sabémolo porque moitos dos puntos de venta xa nos levan contando que hai moita xente que leva semanas preguntando polo famoso #ÁlbumdaCosta. Pois chegou o gran día. Hoxe, venres 21 de decembro, poderedes ser os primeiros en facervos cos cromos do Álbum da Costa, se vides á Gala de Presentación que terá lugar ás 20:30h na Casa da Cultura de Vimianzo.
Unha cita na que terán protagonismo as chicas do noso fútbol e os árbitros, as grandes novidades, xunto cos equipos da 3ª Galicia, desta enciclopédica publicación. Pero sen dúbida, o prato forte da noite será a presencia de Augusto César Lendoiro, que falará longo e tendido ca xornalista zaseira Mónica Martínez.
A partir destes días xa podederes achegarvos aos máis de 20 puntos de venta, que anunciaremos o vindeiro luns, para completar o álbum máis fermoso do fútbol galego.