Obras de mellora na vivenda comunitaria de Vimianzo

Obras na vivenda comunitaria de Vimianzo

Despois de estrear a primeira vivenda social do núcleo urbano, o Concello de Vimianzo está facendo obras para resolver a serie de deficiencias nas fachadas da Vivenda Comunitaria e que poderían provocar danos estruturais de relevancia.

Entre as tarefas que a empresa levou a cabo, atópanse a aplicación dunha capa de produto impermeabilizante nas fachadas, así como a realización de pasteo e a posterior aplicación de pintura plástica. Logo disto, aplicouse un nivel de pintura e pasta nas columnas da fachada principal. Finalmente, pintáronse novamente todas as fachadas. Tamén se repararon as xardineiras, cambiaranse os pasamáns e reparáronse as canles e baixantes.

Á súa vez, tamén se proxecta un cambio íntegro no parque infantil anexo á vivenda comunitaria, xa que o seu estado de abandono era total. Está pendente de cambiar o mobiliario dos xogos infantís, para o que se prevé tamén instalar un columpio adaptado para os usuarios con mobilidade reducida.

Novas relacionadas