Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo e Cáritas estrean a primeira vivenda social do núcleo urbano

Presentacion vivenda social en Vimianzo
O Concello de Vimianzo e Cáritas estrean a primeira vivenda social do núcleo urbano

Emotivo acto o vivido este venres diante da Igrexa de Vimianzo. O Concello e Cáritas presentaban a primeira vivenda social de acollida no núcleo urbano, un novo paso de integración social.

Ambas entidades acondicionaron unha vivenda no centro do municipio a través de medidas que incluíron o arranxo da cociña, chans, ventás e teito, entre outros elementos, para que poidan habitar nela familias con poucos recursos. Nesta ocasión será unha familia con cinco fillos a primeira que habite o lugar a partir do 1 de setembro. Será por un prazo de dous anos, que poderá ser ampliado no caso de ser necesario.

Vivenda social no nucleo urbano

“Esta vivenda é resultado do traballo en equipo entre Cáritas, o Concello e Daniel Turnes, sempre en contacto e aportando todo o necesario para sacar adiante a primeira vivenda de acollida do núcleo urbano do noso municipio” indicou a alcaldesa, Mónica Rodríguez. “A veciñanza tamén foi parte fundamental, xa que foi a que achegou, a través de doazóns a ambas institucións, os mobles cos que contará a vivenda, un auténtico exemplo de solidariedade e implicación”, agradeceu Rodríguez.

No acto de presentación participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, María José Pose; o tenente de alcalde, Víctor Muíño; concelleira de Cultura, Rosa Blanco; concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e concelleiro de Deportes, Mario Andújar; ademais da directora adxunta de Cáritas Vimianzo, Carmen Vázquez, o párroco Don Daniel Turnes, e o delegado Episcopal, Jesús García.

Comitiva social de Vimianzo e Caritas

Este proxecto constitúe unha nova medida social por parte do goberno local que se suma a outras como á liña de axudas ao estudantado do curso 2020-2021, que incrementou o seu orzamento en 15.700 euros.

Comentarios