Os empresarios soneiráns aprenden novas vías de negocio ca Factoría de Innovación

A Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña, e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Energía y Turismo, organiza unha xornada na Casa da Cultura de Vimianzo dirixida ao empresariado.

Trátase de expoñer ás pemes o seu programa de actividades para potenciar a innovación no tecido industrial da comarca, co obxectivo de reforzar a capacidade innovadora das empresas, favorecendo a implantación de iniciativas I+D+I que dinamicen a súa actividade e melloren os procedementos de xestión e produción. Na xornada presentarase tamén un programa de Adestramendo individualizado no que poderán participar 101 pemes que coa axuda dun “coach” individualizado serán capaces de identificar, definir e poñer en marcha polo menos un proxecto innovador que lles permitirá ser competitivos no sector no que traballan.

A cita será o vindeiro mércores día 12 de febreiro, ás 20 horas, na Sala de Conferencias da Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta.

Programa da Xornada

  • 20.00 h. Benvida.
  • 20.15 h. “Vender máis e mellor: o reto de innovar” David Cano e Mónica Citores, responsables da Oficina Técnica FDI_ Coruña.
  • 20.45 h. “Innovar na FDI_Coruña. Apúntate” Julio Sánchez. Consultor FDI_ Coruña. Oficina técnica do proxecto.
  • 21.15 h. Networking.

Novas relacionadas