Os pequenos de Vimianzo falaron con Papa Noel gracias ás Novas Tecnoloxías

Esta mañá de mércores 15 de decembro de 2010, os rapaces do CEIP “San Vicenzo” de Vimianzo tiveron a sorte de disfrutar dunha conferencia do mesmo Papa Noel. I é que as novas tecnoloxías é o que teñen, permitindo conectar dende o Telencetro vimiancés coa casa do mesmo Papa Noel en Laponia, a milleiros de quilómetros de distancia. Unha posibilidade, a da videoconferencia, que está a man de todo aquel que queira, a través da cal podes falar por teléfono e mesmo verse as caras pola rede, totalmente de balde. Así o disfrutaron os pequenos de Vimianzo, que¡ chegaron ao centro todos ilusionados e intrigados por ver como era a casa do personaxe de Barba Branca, os seus trineos, os renos... sen olvidarse, como non, de dicir cal era o agasallo que querían por Nadal, xa que todos este ano foran moi bos!!!! As preguntas foron ben simpáticas, como ocorrera o ano pasado con aquel "E como fai Papá Noel para repartir todos os regalos nunha noite?"... Durante media hora aproximadamente e nunha data tan especial os responsables, os profesores e os rapaces disfrutaron dun momento máxico grazas as novas tecnoloxías da comunicación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.