Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo faise intercultural

Vimianzo faise intercultural
Estas semanas a multiculturalidade invade Vimianzo. Son varias as actividades que van en favor da integración cultural, con obradoiros para xente de aquí e para inmigrantes, incluído o Plan Inmigra 2010.

Os Vimianziño

Os Vimianziños”, escola infantil municipal de Vimianzo, celebrou nesta semana as Xornadas de Convivencia Intercultural. As actividades deseñadas, para as que se contou coa colaboración da Área de Servizos Sociais do concello, tiñan como principal obxectivo fomentar entre os nenos/as o coñecemento e valoración positiva de distintas culturas do mundo. Entre outras propostas educativas, presentouselles a oportunidade aos pequenos/as de escoitar un conto en distintos idiomas (galego, portugués, español de Perú e francés). Bailar novas danzas e decorar máscaras típicas de África, aprender cancións infantís do Perú e tocar instrumentos do Brasil... Como actividade final xogaron no día de hoxe á “Gran Roda, Roda” ao son de distintas músicas do mundo e soltaron os globos ao aire en defensa do lema: “Todos somos iguais, todos somos diferentes”.

Plan Inmigra 2010

O Concello de Vimianzo está levando a cabo o Plan Inmigra 2010, financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar, destinado a inserción laboral do colectivo de inmigrantes desempregado. Este Programa ten por obxectivo explorar novas alternativas de inserción laboral coas persoas demandantes que se atopan con especiais dificultades de acceso ó emprego. Para conseguilo, combinánse accións como información, asesoramento, orientación, prácticas laborais, formación.... Entre os beneficiarios do plan hai nacionalidades de países tan dispares como Romanía, República Checa, Alemania, Portugal, Senegal, Argelia, Colombia, Argentina, Brasil, Perú ou Ecuador. Iso si, o Plan Inmigra 2010 non é unha oferta de traballo, senón que se lles axudará ós participantes na súa inserción no mercado laboral.

Máis información

Para máis información contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación no teléfono do concello 981 716 001.

A mocidade emancípase

O Concello de Vimianzo ten previsto organizar un “Obradoiro de emancipación Xuvenil de Emprego e Vivenda”, dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos, en colaboración coa Direiccón Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto da Xuventude. O Obradoiro terá lugar o mércores 1 de decembro, ás 17:00 horas no Telecentro de Vimianzo, ao carón da Praza da Igrexa, e a súa duración será de tres horas. O seu obxectivo será dar a coñecer á mocidade do concello, dun xeito práctico, as ferramentas necesarias e os recursos dos que dispón a Administración, para facilitar a emancipación da mocidade galega.

Máis información

Para máis información contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación no teléfono do concello 981 716 001.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios