Un ano máis a maxia do Nadal chega á Vimianzo e, en concreto, ao seu Telecentro, xa que, grazas aos sistema de videoconferencia, nestes últimos anos este centro estase convertendo no lugar de enlace virtual con Laponia. Así pois, podemos dicir que os escolares do CEIP “San Vicenzo de Vimianzo” son uns rapaces privilexiados, xa que éstes poderán falar co home de Barca Branca, coñecido co nome de Papá Noel, a través das Novas Tecnoloxías da Información e antes do 24 de Nadal.
Tal e como sucedeu outros anos, os nenos aproveitarán estes minutos para esclarecer as súas inquedanzas mediante a formulación de preguntas moi concretas e lóxicas. Xa o ano pasado tiveron a oportunidade de facerlle algunha pregunta indiscreta como a de "como fai Papá Noel para repartir todos os regalos nunha noite?", como nos contaba Lorena Cernadas.
Finalmente, e despois de que o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo realizase moitos esforzos para conseguir esta comunicación, pois é ben sabido que nestas datas este personaxe está moi ocupado, o mércores 15 de decembro ás 10.30 h no telecentro de Vimianzo farán unha conexión Vimianzo - Laponia, lugar onde vive Papá Noel. Os participantes asistirán ao evento repartidos en 2 grupos de 30 e 33 nenos.